A partir do vindeiro mes de agosto, a Illa de San Simón e mais o Pazo de Meirás serán declarados Lugares de Memoria Democrática. O Goberno Central anunciou a incorporación dos espazos galegos ao inventario que recolle espazos, inmobles, paraxes ou patrimonio inmaterial nos que "se desenvolveron feitos de singular relevancia pola súa significación histórica, simbólica ou pola súa repercusión na memoria colectiva" vencellados á represión e á loita contra o franquismo.
Segundo recolle a Lei de Memoria Democrática de 2022, estes Lugares de Memoria contan con valores vencellados a campos como "a memoria democrática, a loita da cidadanÃa españolas polos seus dereitos e liberdades, a memoria das mulleres, asà como coa represión e violencia sobre a poboación como consecuencia da resistencia ao golpe de Estado de xullo de 1936, a Guerra, a Ditadura o exilio e a loita pola recuperación e profundización dos valores democráticos".
A declaración obriga ás administracións responsables dos lugares "a asegurar a súa perdurabilidade, identificación, explicación e sinalización axeitada". En particular, a lei sinala que "as administracións públicas evitarán a remoción ou desaparición de vestixios erixidos en lembranza e recoñecemento de feitos representativos da memoria democrática e da loita da cidadanÃa española polos seus dereitos e liberdades en calquera época".
Canda a esta obriga, o texto establece tamén que o Goberno Central divulgará estes lugares con fichas e contidos audiovisuais e dixitais, ademais de promover a instalación de placas, paneis e distintivos memoriais cunha imaxe común. Apunta ademais que, nos espazos onde se desen crimes de lesa humanidade, violacións dos dereitos humanos ou traballos forzosos, haberá puntos de recoñecemento das vÃtimas.