Os John Deeres volven cun disco conceptual

A banda da Estrada presenta 'O círculo das formigas'

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Os John Deeres volven cun disco conceptual

Dous temas, divididos en catro partes cada un , un total de oito cortes musicais que conforman o novo disco dos estradenses Os John Deeres- O primeiro disco longo en sete anos e o cuarto do seu percorrido. 'O círculo das formigas', que así se titula este novo álbum do quinteto, supón unha notable evolución en canto aos conceptos e aos sons que manexaba a banda nos seus anteriores traballos. Preséntase como un disco conceptual, case como dous discos, xa que o álbum divídese en dúas partes, Pulso e Inercia, con catro movementos cada una, que incluso de poderían escoitar como dous traballos distintos, aseguran desde a banda.

En canto ao son, é de destacar que é o primeiro traballo que Os John Deeres compoñen, producen e publican xa coa vocalista Vanessa García. Ademais, aínda que as guitarras e os postulados esenciais do had rock non perden o seu protagonismo, a fomración engade agora tamén unha notable presenza dos sintetizadores, que lle aportan a estas cancións un ton máis sinfónico e un certo lirismo, que contrasta coas vertentes máis densas e profundas, máis achegadas ao progresivo. "Sempre dicimos que o noso primeiro disco, que foi un pouco un caixón de xastre dunha época moi longa do grupo, era pretendidamente Deep Purple. O seguinte, no que as cancións xa foron compostas para ser un álbum, era máis AC/DC. E este O círculo das formigas, no que lle demos un xiro de complexidade, traballando moito dende o comezo cara onde queriamos soar, é un pouco máis Pink Floyd", resumen Os John Deeres.

Directos tamén conceptuais
O grupo estreará este disco nun formato íntimo na súa casa matriz, na Estrada. A partir de aí emprenderán unha xira de concertos na que tocarán o disco ao completo tal e como está concibido ao fin de que se poida entender e desfrutar mellor o seu desenvolvemento conceptual. Os concertos desta xira contará ademais con outra novidade, como é a achega das videocreacións en directo de Miriam Rodríguez, creadora tamén dos videoclips que acompañan este traballo. O círculo das formigas foi gravado entre os estudos Planta Sónica (Vigo), Garaxeland (Santiago de Compostela) e o propio da banda e foi masterizado por Reuben Cohen en Lurssen Mastering.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cortes, Rock, Medios de comunicación, Santiago de Compostela...