Quiosco: Mazarelos número 15

Os editores anuncian unha pausa para "reflexionar" sobre o modelo da revista

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Quiosco: Mazarelos número 15

A revista de historia Mazarelos anunciou a saída á rúa do seu número 15. O número vai encabezado por unha entrevista a Hermann Parzinger, presidente da Fundación do Patrimonio Cultural Prusiano, realizada por Mar Pereira Gómez, seguida dun artigo de Manuel Castelao Ouzande sobre o esquecemento do pasado colonial español en África, Asia e América. Outros dous artigos prestan atención á sociabilidade durante o franquismo, a cargo de Nerea Garrido, que analiza as festas do verán na bisbarra de Maceda ou Alexandre Varela, que estuda os teleclubs como conformadores de lazos comunitarios e ferramenta de control do Estado franquista. A revista anuncia tamén "unha pequena pausa" na publicación da revista, xa que "vivimos tempos marcados pola velocidade, pola urxencia e pola caducidade acelerada das ideas e dos proxectos". A publicació anuncia que procuran "ser quen de seguir sorprendendo e motivando" e que incluirán un proceso de "escoita e debate" coas persoas interesadas na revista.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Mazarelos nº 9

Quiosco: Mazarelos nº 9

Estudos sobre arte, asociacionismo ou ao redor da violencia franquista neste número

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Manuel Castelao, Castelao, Franquismo...

Claves

Protagonistas
Conceptos