Falece o pintor Manuel Villarino

O artista coruñés coordinaba a Feira de Arte Galega desde 2008

| Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasArte
Compartir:

O sábado faleceu, tras unha grave enfermidade, o pintor coruñés Manuel Villarino A Coruña, 1964). O artista, membro da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (Arga), coordinaba desde os seus inicios en 2008 a Feira de Arte Galega, unha cita anual que xustamente celébrase estes días no Hotel Hesperia da cidade herculina. Desde a organización deste evento lembran como malia os seus problemas de saúde Villarino "seguiu pintando a diario" e levando a feira que lle debe a el en gran medida a súa consolidación. En xaneiro deste mesmo ano, xunto coa pintor a Xulia Weimberg, Manuel Villarino impulsou tamén a apertura no barrio dos Mallos do espazo Art & Studio, galería, obradoiro e academia.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Galería, Cidade Herculina, Obradoiro...