O home das 30.000 partituras

O Álbum de Galicia publica unha ampla biografía sobre o empresario musical Canuto Berea

Canuto Berea. Óleo de Román Navarro. Galería dos alcaldes da Coruña. Cedida por Lorena López Cobas
Canuto Berea. Óleo de Román Navarro. Galería dos alcaldes da Coruña. Cedida por Lorena López Cobas
Canuto Berea foino todo na Coruña: músico, ensinante de música a mozas chamadas Emilio Pardo Bazán, empresario de éxito con tendas nas outras cidades galegas, editor de partituras, concelleiro, activista cultural e mesmo alcalde. Unha entrada no Álbum de Galicia redactada por Lorena López Cobas indaga nas moi pouco coñecidas relacións entre a creación artística e o negocio musical na Galicia de finais do século XIX, nun momento no que coma o resto das artes, a música achégase á filosofía do rexionalismo e da procura dunha identidade propia para a música galega. A partir duns inicios centrados na composición e interpretación musicais, que permiten coñecer "a plena adecuación ao consumo 'á carta' das necesidades dos salóns burgueses', Canuto Berea comezou en 1866 a súa etapa de madurez no que destacou a intensidade do seu desempeño profesional. Desde o seu "almacén de música", o maior establecemento de Galicia en instrumentos e partituras, con sucursais en Santiago e Vigo, ata a súa participación nos consellos de administración da Cámara de Comercio, o Banco de España ou a Caixa de Aforros. Para facernos a idea da envergadura do seu negocio, chegou a dispoñer en catálogo entre 30.000 e 40.000 partituras, e exerceu de mediador entre os compositores galegos e os editores musicais, ou entre os propietarios das composicións e os intérpretes en Galicia. Na súa actividade política como alcalde, Verea prestou atención aos esquipmentos culturais da cidade.