Despois de facerse cunha mención do xurado da sección Las Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla, o filme 'Prefiro Condenarme', de Margarita Ledo Andión, chega ás salas comerciais este venres 22 de novembro, en datas previas ao DÃa Internacional para a Eliminación da Violencia contra da Muller (25N). O filme, que ademais da súa estrea mundial en Sevilla xa tivo outras dúas pre-estreas na Coruña e no marco festival Cineuropa, estrearase en cines cun pase especial onde estará a directora e parte do elenco, que terá lugar nos cines Duplex de Ferrol, localidade escollida xa que a maiorÃa do filme foi rodado na comarca de Ferrolterra. A pelÃcula poderá verse tamén en salas da Coruña, A Estrada, Barcelona, Bilbao, Caldas de Reis, Lleida, Lugo, Madrid, Pamplona, Sant Feliu, Santiago de Compostela, Tenerife, Valencia, Valladolid e Vigo. Melania Cruz, Iria Piñeiro, Mónica Caamaño e Mónica de Nut encabezan un elenco que reúne os diversos formatos audiovisuais de docu-dramatización, sinal de identidade da directora lucense.
A cineasta conta a historia real de Sagrario Fra, mariscadora de Ferrol á que en 1972, nos anos finais da ditadura franquista, a Audiencia Eclesiástica de Santiago de Compostela xulgou por cometer adulterio. Nese momento da nosa historia recente eran moitas as mulleres que eran encarceradas ou encerradas nun hospital psiquiátrico por ese motivo, considerado como acto criminal. O Tribunal eclesiástico de Compostela, que asume competencias civÃs, contra todo prognóstico absolve da demanda por adulterio a Sagrario Ribela Fra. Ledo recompón as pezas desta historia amosándonos a unha personaxe popular capaz de confrontar as regras que, tamén no terreo dos afectos, encérrana nun papel de subalterna. E aÃnda que xurde a violencia, os malos tratos, a falta de dereitos á vez que unha atmosfera social opresiva, en realidade do que trata a pelÃcula é do que todas e todos buscamos: querer e que te queiran.