Quiosco: Mazarelos, número 14

A historia dos usos e preitos dos montes ou o movemento veciñal na Transición entre os temas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Quiosco: Mazarelos, número 14

A revista Mazarelos presenta un novo número no que aborda, como é habitual na revista, artigos de especialistas novos ao redor das súas liñas de investigación. Deste xeito, María Chantada aborda os usos e preitos dos montes galegos, as cruces procesionais de madeira do Corgo da man de Adrián Flores ou Uxía Martínez trata o movemento veciñal na Transición. O número tamén inclúe unha conversa con Irene García Losquiño e José Carlos Sánchez Pardo ao redor das conexións viquingas no Atlántico. A Asociación Galega de Deseño é protagonista dunha reflexión sobre a evolución e os retos do deseño en Galicia.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Mazarelos nº 9

Quiosco: Mazarelos nº 9

Estudos sobre arte, asociacionismo ou ao redor da violencia franquista neste número

Quiosco: Mazarelos número 7

Quiosco: Mazarelos número 7

O novo número da revista recupera arquivos fotográficos ou analiza a relación entre identidade galega e fútbol

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con José Carlos Sánchez Pardo, Asociación Galega de Deseño, Chantada, Atlántico