O IGAEM quere promover dúas ou tres compañías de teatro residentes

Teatro estable

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Galicia contará con dúas ou tres compañías teatrais que terán sede fixa en outros tantos teatros do país de saíren adiante os plans do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais. Segundo sinalou Amado Rincón, presidente deste organismo, a iniciativa pretende que a escea no se localize exclusivamente en Compostela, cidade que acolle a sede do Centro Dramático Galego.

Cincuenta millóns

O orzamento que destina o IGAEM a este proxecto rolda os cincuenta millóns de pesetas, que serían o primeiro paso para a creación dunha rede teatral estable en Galicia. Segundo Amado Rincón, téntase contactar con compañías xa existentes que poidan ofrecer unha programación estable e que contarían con fondos da Xunta, das Deputacións e do Concello, ademais do que elas mesmas puidesen xerar coa súa actividade.


Autoxestión

As dúas ou tres agrupacións para as que, polo de agora, está prevista a iniciativa, terán potestade para xestionar o teatro no que desenvolvan a súa actividade, tanto en cuestións de programación como en producción e exhibición de espectáculos, ademais de poder realizar intercambios con outras compañías.

Programación do IGAEM

No mesmo acto en que se presentou este proxecto, Amado Rincón adiantou a programación do Centro Dramático Galego para o próximo ano, que comprenderá as obras "A cacatúa verde" de Arthur Schnilzer e "Unha Rosalía" de Vidal Bodaño. Pola súa banda, o Ballet Rei de Viana, tamén integrado no IGAEM, estreará un novo espectáculo. Outras actividades previstas son a IV Mostra Internacional de Danza, a edición dun CD de música popular e varios ciclos e actuacións.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, IGAEM, Centro Dramático Galego, Artes Escénicas...