A transformación marítima de Porto do Son recibe un premio de alcance europeo

O premio Public Spaces do CCCB valora a reurbanización da fronte marítima da vila barbanzá

O premio Public Spaces do CCCB valora a reurbanización da fronte marítima da vila barbanzá
Accesos ao mar na nova fronte marítima
En 2023 rematáronse os traballos que desembocaron nunha profunda transformación da fachada marítima de Porto do Son, que desde mediados do século XX sufrira diversas transformacións vinculadas coa actividade pesqueira, como diques, terraplés e espigóns. O resultado foi que o litoral e a praia se distanciou da vila. A nova actuación, da que foron autores RVR arquitectos e CREUSeCARRASCO, promovida por Portos de Galicia e o concello, transformou o espazo, reconstruíndo a morfoloxía das dunas de area orixinal, e transformando a fronte urbana para conectar o porto co centro histórico e humanizando o espazo. A actuación, visualmente moi atractiva, recibiu o premio Public Space, na categoría Frontes Marítimas, concedido polo Centre de Cultura Contemporània de Barcelona.