A ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude contará cun orzamento de 146 millóns de euros para 2025, un 7,5% máis do que no anterior exercicio. En canto aos fondos especÃficos dedicados á cultura, a suba é dun 5,5%. Asà o asegurou José López, titular deste departamento, este 30 de outubro, na súa comparecencia ante a Comisión 3ª do Parlamento para presentar estas contas.
Segundo os datos que presentou López, este crecemento permitirá, entre outras novidades, iniciar o Plan de infraestruturas culturais, dotado con dous millóns de euros, e desenvolver o Plan de lectura de Galicia, no que a Xunta pretende mobilizar 27 millóns de euros ata 2030 eu que no ano que entra recibirá 1 millón. Recunca nas contas o anuncio dun fondo de 2 millóns de euros destinado a atraer rodaxes ao noso paÃs como unha das principais apostas no ámbito audiovisual, onde a convocatoria de axudas á produción manterá os 3 millóns de euros con que contaron en 2024, a achegar unha maior contÃa por proxecto. Do mesmo xeito, medio millón de euros permitirán pór en marcha a Rede Adival de dinamización cultural no rural.
A partida orientada a accións de dinamización da lingua contará, segundo o conselleiro, cun incremento de máis do 30%. Dentro das medidas propostas está a renovación do Plan xeral de normalización da lingua galega "ou a posta en marcha dunha baterÃa de 50 medidas para impulsar e dinamizar o seu uso en toda a sociedade". Entre estas, apuntou como novidade a organización de cursos de galego para persoal dos centros sanitarios
Outros investimentos previstos serán a reapertura do Cine Fraga en Vigo, para o que o Goberno Galego destina 1,5 millóns de euros, outro millón para mellorar a eficiencia enerxética do CGAC, 300.000 euros máis para o Consorcio de Santiago (ata 3,2 millóns), e os 3,3 millóns previstos para o Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, responsable da xestión da Orquestra Sinfónica de Galicia. López lembrou tamén que continuará a presenza galega cun posto propio no salón Cómic Barcelona, retomada en 2024 logo de anos de ausencia.
Dentro da Axencia Galega das Industrias Culturais, adiántase unha nova liña de axudas para artistas emerxentes no ámbito da música, onde tamén se prevé ampliar os circuÃtos de actuacións que apoia esta entidade. En conxunto, a Agadic contará desta volta con 16,8 millóns de euros fronte aos 17,1 anunciados en 2024. Dentro deste departamento, López adiantou tamén un crecemento no apoio á creación e distribución de artes escénicas.
Na Cidade da Cultura, a anunciada posta en marcha do primeiro Centro Galego de Artes Dixitais e mais a ampliación do programa de residencias preséntanse como principais novidades. En total, o complexo absorberá un total de 12 millóns de euros fronte aos 14,9 anunciados en 2024.
No ámbito do patrimonio cultural, a ConsellerÃa destinará un fondo de 22 millóns de euros para a restauración de bens. Neste membro apartado, onde o Plan Catedrais mantense como grande aposta con 2,4 millóns de fondos, situou López un novo impulso ao Plan de dixitalización do patrimonio cultural galego. Canda a este proxecto, o conselleiro apuntou a posta en valor do patrimonio arqueolóxico de todo o territorio ou o impulso á candidatura da Ribeira Sacra como outros eixes das súas polÃticas para o vindeiro ano.
Desde a oposición, no entanto, Mercedes Queixas, do grupo parlamentario do BNG, salientou que o departamento de López é o que recibe menos fondos dentro da estrutura da Xunta. Ademais, matizou que, tirados gastos correntes e de persoal, os fondos da ConsellerÃa fican unicamente en 90 millóns. A coincidir con ela, Lara Méndez, do Grupo dos Socialistas de Galicia, lembrou os datos de descenso do galego e detallou que os investimentos efectivos en patrimonio cultural perden dous millóns de euros. Ademais, criticou a polÃtica da Xunta de apoios directos a grandes festivais de música, que cifrou en 16 millóns de euros. Desde o Grupo Mixo, Armando Ojea denunciou o desequilibrio territorial nas contas do departamento, que ao seu ver marxinan Ourense.