Recuperan textos xacobeos anteriores ao Códice Calixtino

O profesor Joel Varela Rodríguez acaba de publicar os seus achados nun volume

24/10/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia

Unha serie de textos sobre a tradición xacobea previos ao coñecido Códice Calixtino, a máis coñecida guía de peregrinacións medieval. Este é a principal achega do volume Más allá del Códice Calixtino. Otros textos en torno a Santiago el Mayor hasta el siglo XII ,que acaba de presentar o profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago Joel Varela Rodríguez.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Nesta obra, publicada por USC Editora, Varela recuperou catro novas versións do relato da translación do corpo do Apóstolo Santiago, a Translatio sancti Iacobi, ademais a versión máis extensa existente da Concordia de Antealtares, que narra a descuberta da tumba do santo. Canda a estes, o volume compila "textos ou fragmentos de textos xa coñecidos e moi relevantes para o coñecemento do culto xacobeo, dende as súas orixes máis antigas ata o ano 1200, algúns deles revisados", segundo explica a USC. Os textos que se presentan poden lerse en castelán acompañados da súa version orixinal, ademais de comentarios e dunha ampla introdución literaria e histórica.

Estes documentos dátanse "probablemente da segunda metade do século XI e tamén probablemente escritas en Compostela, aínda que están conservadas só en manuscritos extrapeninsulares". No caso da Concordia de Antealtares, se ben non estaba inédita, as transcricións existentes ata o momento foran realizadas sobre copias e non a partir do documento orixinal.

A investigación de Varela céntrase en toda unha colección de documentos elaborados ata finais do século XII e que "en moitos casos, son de importancia capital para a comprensión do fenómeno xacobeo". Así, canda aos mencionados, atópanse outros como "a Epístola do papa León ou varios himnos na honra de Santiago, así como os primeiros testemuños de peregrinacións a Compostela". Ata o momento moitos destes textos eran difíciles de atopar, e na súa maioría non contaban con traducións a linguas modernas.

Que che pareceu?
0 reaccións
Difunde a cultura galega:
Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Códice Calixtino, Xacobeo, Guía, USC...