A Mostra de Curtas 'Vila de Noia' xa ten todo preparado para súa celebración de 25 aniversario. O programa desta edición tan sinalada comeza este luns, 28 de outubro coa súa sección Curtacativa que achega as curtametraxes aos estudantes dos centros de ensino do concello, e rematará o 9 de novembro, cando terá lugar a gala de entrega de premios. Segundo a organización o certame recibiu 1200 curtametraxes de todo o mundo de entre os cales o xurado fixo unha selección de 50 pezas para as tres categorías en concurso: Ficción, Animación e Galicia Amateur. O programa inclúe ademais as proxeccións das longametraxes '+ Cuñados', dirixida polo noiés Luis Avilés e 'Matria' de Álvaro Gago. O Coliseo Noela recibirá aos directores e boa parte dos elencos artísticos, cunha alfombra vermella na que sa é habitual ver cada ano a rostros moi coñecidos do audiovisual. Ademais a sección fóra de concurso 'Cousas de aquí' estará dedicada ao mar proxectando documentais sobre a pesca de baixura.