“Chile a la vista” é o tÃtulo da escolma de crónicas e reportaxes escritos por Eduardo Blanco Amor durante a súa estancia no paÃs andino. O Consello da Cultura Galega e a editorial Galaxia presentaron onte a reedición desta obra, que se produce cincuenta anos despois da súa primeira presentación. O novo volume forma parte da Biblioteca Blanco-Amor que publica a editora viguesa.
Máis información no web do Consello da Cultura; unha escolma dos artigos chilenos de Blanco Amor na nosa edición fin de semana de xullo de 2002