A banda compostelá Carabela resultou a gañadora do XVI Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a área de cultura da Deputación da Coruña. Asà o decidiu onte o xurado, que outorgou o segundo premio a Gloria PavÃa e Rafa Morales e o terceiro a Cinta Adhesiva, nunha gala que contou coa actuación de De Ninghures como banda convidada. Carabela recibe un premio en metálico de 4.000 euros; Gloria PavÃa e Rafa Morales, 2.000 euros, e Cinta Adhesiva, 1.500. O xurado, formado por Martiño Suárez, Faia DÃaz, Teresa CuÃñas, Noel Feáns e Rodri MÃguez e presidido pola deputada de cultura Natividade González, coa xefa de servizo de Cultura e Deporte, Manuela Muñiz, como secretaria, destacou a "gran calidade dos tres grupos", o que provocou que fose "unha decisión moi rifada". Sobre a gañadora, salientaron que é "unha proposta moi complexa de levar ao directo, asumindo un gran risco" e que, neste sentido, "prémiase esa valentÃa". Deles o xurado destacou que é "unha proposta construÃda con solidez, que atende o traballo vocal e tamén a melodÃa, cunha deriva electrónica delicada e sofisticada". Nados en 2021, esta banda noiesa dálle unha nova volta ao temón da cada vez máis natural confluencia entre as correntes do pop, a electrónica e a música tradicional.