A Academia Galega de Teatro puxo hoxe sobre a mesa as bases de coñecemento sobre as que reflexionar para construÃr un futuro para as artes escénicas do paÃs. Inma Antonio e Eduardo Alonso, en representación da AGT, presentaron o documento "A distribución das artes escénicas nos concellos galegos", un estudo que recolle os datos dos dous circuÃtos comúns a toda Galicia, a Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) e Cultura No Camiño, que son as vÃas fundamentais de chegada do teatro ao público da nosa comunidade. A maiores de que este datos poidan servir para obxectivos estratéxicos e como base para reivindicacións desde o sector, desde a propia AGT xa utilizaron os datos para decidir dedicarlle o primeiro premio anual "Capitais senlleiras do teatro galego" ao Concello de Muros, polos esforzos realizados nos cinco anos que o estudo recolle (2018-2022), e polo feito de que " a pesares de ter un local con moitas eivas soubo axustar moi ben os tipos de espectáculos que amosan á súa cidadanÃa e durante estes cinco anos estivo na lista dos cinco concellos galegos que máis invisten ao ano e cultura por habitante", explicou Inma Antonio.
O estudo presentado hoxe e que está dispoñible no web da ATG, presenta de xeito pormenorizado os datos relativos aos investimentos nas programacións de artes escénicas dos concellos poñendo o foco nun dos piares fundamentais do feito teatral: a programación; os circuÃtos e as redes de exhibición e os axentes que nelas interveñen. Neste caso desde a AGT comprenden que no noso paÃs compre centrarse en dúas redes que son as que maior peso na distribución escénica teñen e que están presentes en todo o territorio autonómico, segundo eles mesmos recoñecen "ante a falta de imaxinación" doutras posibilidades e tendo en conta a existencia de redes restrinxidas ao eido provincial na Coruña e Pontevedra promovidas desde as deputacións Provinciais, que non entran neste primeiro capÃtulo do estudo. Desde a AGT inciden en que un dos obxectivos deste informe é que o propios concellos "tomen conciencia do seu papel protagonista no desenvolvemento das artes escénicas", asegurou Eduardo Alonso, engadindo ademais nas conclusións varias recomendacións e solicitudes, tanto aos concellos como á administración autonómica.
As dificultades para levar a cabo este informe, que asina Pilar López Pérez contando coa colaboración de Francisco Oti RÃos, Eduardo Alonso e Carlos Caetano Biscainho Fernandes, foron repetidamente mencionadas na presentación. A suposta transparencia das administracións ten aÃnda moitas carencias e incluso hai datos como o número de asistentes ás funcións ou o retorno económico da venda de entradas que seguen a ser imposibles de acadar salvo en moi contadas ocasións, como o caso de Narón onde. Segundo os datos que posúe a AGT recádanse por esta vÃa entre 400.000 e 450.000 euros ao ano na billeteira destes circuÃtos. A Academia determinou que os aspectos básicos/variables a ter en conta á hora de analizar as programacións municipais deberÃan ser: o número de habitantes do concello; orzamento total do Concello; orzamento total de Cultura; gasto realizado en programación de artes escénicas e gasto en programación de artes escénicas en relación co número de habitantes e, polo tanto, gasto por habitante en programación anual de artes escénicas. Os datos está sacados das fontes oficiais como o Ministerio de Facenda, INE e IGE.
Investimento baixo o recomendado
No caso da Rede Galega de Teatro e Auditorios o informe lembra que o convenio entre a Axencia Galega de Industrias Culturais e os concellos, na parte económica implica que o ente autonómico subvenciona o 60% do caché dos espectáculos programados. Con todo, nesa rede que inclúe a salas de 41 municipios de toda Galicia non todos participan ao mesmo nivel nin de xeito continuado ao longo dos cinco anos que aquà se referencian. Os datos que se amosan no informe sinalan, por unha banda, o importante esforzo que realizan as areas de Cultura duns poucos concellos, investindo unha parte importante do seu orzamento, sempre escaso, en artes escénicas. Polo contrario, desde o estudo da AGT observan que a gran maiorÃa das áreas de Cultura priorizan outras actividades culturais fronte á programación de Artes Escénicas. Unha das conclusións do estudo é que a financiación das institucións, Xunta de Galicia e concellos, para as artes escénicas non medra de xeito significativo dende hai máis dunha década. Os orzamentos foron sempre moi escasos e non mudaron co tempo existindo un estancamento prolongado ao longo de case toda unha década, conclúen no estudo, unha situación "escandalosa", explica Inma Antonio, ao poñela en contraste co aumento do custo da vida.
Lembran desde o informe a recomendación da Unión Europea en materia de porcentaxe de orzamento anual que debe ser empregado en cultura por parte das administracións públicas e que ese porcentaxe debe ser ao redor do 2%, e posto en comparación cos datos que recollen no estudo que coloca a media dos orzamentos en cultura das administracións públicas en Galicia ao redor do 0,8%, consideran que isto implica a necesidade de multiplicar cada un dos orzamentos aplicados a cultura por 2,5, para que estes orzamentos se aproximaran aos adecuados segundo a Unión Europea. Neste mesmo sentido sinalan que, tendo en conta que o investimento actual anual da Xunta de Galicia ao través da AGADIC para a RGTA está ao redor de 1.800.000 euros, para cumprir as indicacións da Unión Europea, deben ascender a 4.500.000 euros, indica o documento. Isto toma especial importancia neste informe ao sinalar a gran dependencia do gasto en artes escénicas destes concellos respecto ás dúas redes autonómicas ( RGTA e Cultura No Camiño) que representan as fontes de financiación de preto do 80% dos concellos que as conforman.
Outras recomendacións relacionadas coas conclusións que a ATG saca destes datos, son a necesidade tanto de aumentar o número de concellos destas redes como de aumentar o número de funcións que se ofrecen. Inciden desde a ATG que nos concellos grandes ( de máis de 30.000 habitantes) deberÃan realizarse segundas e terceiras funcións de xeito habitual, para permitir a chegada desta actividade cultural a capas máis amplas acadando maior penetración social das artes escénicas, salvagardando ademais a oferta de espectáculos anual por habitante. Solicitan tamén deste documento e ante a constatación da falta de datos, da necesidade de establecer en cada sala, teatro ou auditorio métodos de control de asistencia co obxectivo de avaliar a xestión cultural realizada, detectar as posibles carencias e mellorar os servizos de atención cidadá. A nivel de polÃticas culturais da Xunta de Galicia a Academia indica que resulta preciso establecer polÃticas autonómicas que tendan a corrixir o desequilibrio territorial no acceso aos servizos culturais que as cifras do estudo retratan. Tamén sinalan a necesidade de elaborar de forma consensuada e aprobar unha Lei de Dereitos Culturais para Galiza e complementala cunha Lei de Teatro e das Artes Escénicas. A Academia galega de Teatro avanzou a súa intención de que este estudo teña carácter anual, igual que o premio, e estendelo a outros municipios que programen fóra da RGTA; e ampliar e especificar os datos e a metodoloxÃa, na medida do posible, "para poder ver claramente a realidade do investimento teatral no noso paÃs", aseguran.