A Coruña incorpórase á Asociación de Editoriais Universitarias onde xa estaban Vigo e Santiago

Con Coruña están as tres

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Na Asemblea Xeral da Asociación de Editoriais Universitarias Españolas celebrada en Granada do 13 ao 15 de novembro pasados ampliouse o número de socios dando entrada á Universidade da Coruña, a única das universidades galegas que aínda non formaba parte da AEUE. Os obxectivos deste colectivo son a promoción e colaboración no eido das publicacións universitarias, facilitando a súa distribución e difusión, mesmo a niveis internacionais. Na asemblea tamén se decidiu a colaboración con empresarios arxentinos para a apertura dunha librería especializada en publicacións universitarias no centro de Bos Aires. O fondo editorial que manexa esta asociación supera os 25.000 títulos.

Máis información no Duvi

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Universidade da Coruña, Granada, Bos Aires