A novela gráfica eu Eu mato xigantes, con debuxos do español Ken Niimura e guión do estadounidense Joe Kelly, xa se pode ler en galego da man de Rinoceronte Editora. Moisés Barcia correu coa tradución desta obra con elementos fantásticos sobre o xeito no que unha adolescente enfronta os seus medos. A obra, a branco e negro, ten máis de 200 páxinas e foi finalista nos prestixiosos premios Eisner.
Pola súa banda, Xerais puxo na rúa o primeiro volume de Heartstopper. Rapaz coñece rapaz. Esta obra de Alice Oseman aborda a relación amorosa entre dous adolescentes e que é todo un fenómeno a nivel mundial, en particular, logo da súa adaptación como serie televisiva.
Pola banda de autorías galegas, acaba chegar ás librarías a versión e castelán de El beso de la sirena, obra coa que Luís Yang e Uxía Larrosa obtiveron o XVII Premio Castelao de Banda Deseñada. Esta historia que mestura vida cotiá e fantasía ver a luz da man de edicións La Cúpula.
O guionista Manuel Lopez Poy engrosa a súa produción cunha nova obra este outono. Alonso de Ojeda. Tierra Firme é unha BD histórica que asina co tamén guionista Pepe Rey e co debuxante Moisés Tolosa. A obra, publicada por Cascaborra Ediciones, repasa a vida do que foi explorador de Venezuela nos primeiros tempos da colonización de América.
O debuxante pontevedrés Álex Rozados, á súa vez, presenta Y llegó la tormenta, unha obra con guión de Sergio Izquierdo que explora o atentado que acabou coa vida do Zar Alejandro II e na que se mesturan diferentes personaxes da Rusia daquel tempo. Reino de Cordelia correu co lanzamento desta novela gráfica de 216 páxinas.