O Comité de Patrimonio da Unión Internacional da Marioneta (UNIMA), organismo asociado á UNESCO, acaba de facer públicos os 37 proxectos que recibirán os seus Certificados de Recoñecemento pola Conservación do Patrimonio Titiriteiro a nivel mundial. Entre estes atópase a Asociación Cultural Morreu o Demo, que traballa desde 2013 para recuperar o títere tradicional galego a figura de Barriga Verde.
UNIMA concedeu este outono por vez primeira estes certificados bianuais logo de crear a distinción 2015. Con eles "recoñece o traballo das persoas que ou ben teñen dedicado as súas vidas á protección, divulgación e/ou investigación do patrimonio das formas titiriteiras ou daqueles mozos que están traballando activamente protexendo, difundindo ou desenvolvendo o patrimonio titiriteiro e que amosan unha firme promesa de continuidade na investigación e expansión deste patrimonio".
De xeito máis concreto, o fallo salienta "a gran contribución ao coñecemento e apreciación da arte da marioneta a través da recuperación da marioneta tradicional galega Barriga Verde, popularizándoa e dándoa a coñecer". Malia a recoñecer o proxecto no seu conxunto, o certificado recolle os nomes das seis persoas que botaron a andar en 2013 esta asociación, Pilar Álvarez, Xulio Balado, Comba Campoi, Germám Ermida, Anxo García e Xaime Iglesias.
Morreu o Demo desenvolve proxectos como o Festival Titiriberia, único dedicado ao títere tradicional na Península Ibérica, ou o proxecto didáctico Da Barraca á Aula, que leva os monicreques a centros de ensino de todo o país, ademais de promover diferentes propostas escénicas arredor do títere de cachaporra, entre outras propostas.
A cerimonia de entrega dos certificados desnvolverase no Congreso de UNIMA en Chuncheon, Corea do Sur, en data e hora aínda por concretar. A concesión do Certificado, sen dotación económica, implica tamén unha entrada na Enciclopedia Mundial da Marioneta (WEPA), base de datos que recolle as principais iniciativas arredor dos títeres a nivel internacional. A listaxe de certificados non incorporará novas propostas ata 2026.