Sara MartÃnez Bello resultou gañadora do V Premio de PoesÃa Filomena Dato, convocado polo Concello de Bergondo, grazas ao poemario ‘EiraÂ’. A través deste galardón, o Concello de Bergondo apoia a creación poética en galego, asà como axuda a manter en vigor a figura histórica de Filomena Dato Muruais (1865-1926), muller fundamental no movemento literario do Rexurdimento e á que o concello dedicará o ano 2026. O xurado, integrado por Alejandra Pérez Máquez, presidenta (sen voto), Dores Tembrás, Lois Pérez e Noelia Gómez, como vogais, deliberaron a vitoria do conxunto poético de Sara MartÃnez Bello valorando do mesmo que se trata dunha "lectura que sostén o interese da lectora de comezo a fin, polo traballo coa memoria apoiándose na presenza do sensorial sen caer en tópicos e revelando conceptos como a violencia contida e a dignidade do común, o desenvolvemento dunha psicoxeografÃa propia, o uso coidado da linguaxe". Igualmente, o xurado salientou o "emprego e control de diferentes estruturas do poema que desembocan nunha conxunción entre forma e fondo, subliñando unha sensación de verdade". O premio ten unha dotación económica de 2.500 euros e a publicación da obra pola editora Apiario na colección de poesÃa Filomena Dato.