A sexta edición do festival U22 para curtametraxes xuvenÃs de Barcelona ven de recoñecer como gañadora a peza 'Corre o vento', ópera prima de Paula Fuentes e Guirllermo Carrera, rodada no Courel. O filme, co-producido desde a Escuela Superior de Cine y Audiovisuales de Cataluña, cunha axuda a través de ESCAC Films, enfronta con formato de documental dramatizado o fenómeno da despoboamento do rural, enfocado neste caso en varias aldeas de Folgoso do Courel, principalmente Vilar. Fuentes e Carrera, guionistas e realizadores, son estudantes da ESCAC e galegos, concretamente Paula Fuentes ten as súas raÃces en Vilar. O proxecto está apoiado tamén polo Concello de Folgoso do Courel e pola Fundación UxÃo Novoneyra, e buscou tamén financiamento na plataforma Goteo para completar o seu orzamento. O festival U22, que se celebrou entre os pasados dÃas 25 e 29 de setembro, está dirixido a realizadores emerxentes, con idades ata os 22 anos, e tivo unha competición oficial entre vinte obras seleccionadas entre más de 350 presentadas. O filme poderá verse en Santiago de Compostela este xoves no marco do festival CurtocircuÃto.