O escritor de Culleredo Manuel Vila Iglesias impúxose coa obra Graxa na X edición do premio de relato curto Nortear. Este galardón está impulsado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, Instituto Público (CCDR-Norte,IP).
O premio, dotado con 3.000 euros en metálico, recoñece, segundo o fallo un "conto profundamente introspectivo e poético que explora a relación dunha persoa co seu corpo obeso". Segundo destaca o xurado, "a narrativa é densa e rica en detalles, con descricións vÃvidas e, por veces, incómodas, que capturan a sensación de aprisionamento fÃsico e emocional do protagonista, namentres reflexiona sobre a súa vida, marcada pola vergoña, a auto-aversión e a necesidade de aceptación". A acta destaca tamén "a escrita rica en simbolismos e metáforas que capturan ese sentimento de aprisionamento, namentres o protagonista busca entender o seu lugar no mundo."
O xurado do galardón estivo formado por Gonzalo Constela, MarÃa Sandez, Ramón Nicolás, Carlos Lopez e João Ribeiro da Silva. Participou tamén o técnico de proxectos da AECT da Eurorrexión, André Rodrigues, como secretario. O premio, orientado a persoas de entre 16 e 36 anos de Galicia e do Norte de Portugal, recibiu un total de 47 propostas nesta edición.