O vindeiro martes, 17 de setembro, a Libraría Lume da Coruña pechará as súas portas tras case cincuenta anos de actividade. Así o comunicaron os seus responsables por correo electrónico cos seus clientes e a través das súas redes sociais. Os medios de comunicación locais fixéronse eco inmediatamente desta mala nova, sobre un negocio que leva 48 anos vencellado á vida cultural da cidade herculina. A libraría abriu as súas portas en decembro de 1975, no momento de fervor cultural da Transición e foi grazas a unha iniciativa apoiada por un colectivo de persoas da cidade que formaron para iso unha sociedade, segundo explica hoxe o xornal El Ideal gallego. No ano 1988 paso a mans dos dous empregados que tiña, Luis Martínez e Dolores Porto, pasando posteriormente á filla dela, Paula veira que é quen hoxe anuncia o peche definitivo. O local foi punto de encontro da cultura na cidade e unha referencia para máis de unha xeración de coruñeses.