A Fundación Xosé Neira Vilas, a editorial Galaxia e a Xunta de Galicia unen esforzos para convocar o Premio Xosé Neira Vilas de literatura xuvenil, unha iniciativa dotada cun galardón de 6.000 euros e a publicación da obra na colección Costa Oeste da editorial Galaxia. O certame "rende homenaxe" ao autor dun dos libros máis coñecidos da literatura galega, Memorias dun neno labrego, con traducións nun gran número de linguas e preto de 700.000 exemplares impresos. Os orixinais poden ser remitidos á editorial Galaxia ata o 3 de novembro.