Hoxe dá comezo no Couto (Ponteceso) a que será a 42 edición do Festiletras. Este encontro da cultura galega promovido pola Fundación Eduardo Pondal, reunirá ata o domingo unha enorme variedade de representantes da actividade cultural en diversos eidos. O mar será o fÃo condutor desta edición que reúne ata cincuenta nomes vencellados á música, á lingua, á literatura, ao muralismo, á gastronomÃa, ás artes escénicas, á artesanÃa e a outras expresións cutlurais. Baixo a lema ‘Unha lingua para poder amar a maresÂ’ e estará dedicada á protección, coñecemento, tradición e inspiración do mar a través de diversas actividades e encontros.