A Xunta aproba un plan para evitar e sancionar os vertidos ao mar

Verter un plan

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O día que os diferentes actos de protesta recordaban o accidente do petroleiro Prestige fronte as costas galegas, a Xunta aprobaba un plan contra os vertidos ao mar. Un proxecto que supón un camiño cara adiante, pero ao mesmo tempo o propio Manuel Fraga recordaba que quedan moitas cousas por facer. O aprobado onte implicar unha resposta máis rápida e eficaz ante un vertido desde ciclo frontes: interiores (que implica a todas aquelas industrias que poden contaminar o mar), portuarias (onde cada porto deseñará un plan para atallar as emerxencias), rías (estará deseñado por Pesca) e territorial (cando os vertidos afecten a máis dunha ría). Ademais, desde o Centro de Control do Medio Mariño vaise analizar a investigación de prevención e loita do contaminación por accidentes, que contará cunha unidade de documentación.

Máis información no Consello da Xunta (en .pdf)

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Fraga, Prestige

Claves

Protagonistas
Conceptos