Unha recreación virtual permite coñecer como era a Torre Fortaleza de Castro de Montes

Amigos da Terra de Montes presentou este recurso ao que se poderá acceder desde o propio enclave

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Fotograma da recreación virtual

Fotograma da recreación virtual

Os restos da que foi Torre Fortaleza en Castro de Montes, no municipio de Forcarei, son moi escasos. Construída en 1188 e abandonada tras un incendio en 1582, apenas son visibles os restos das murallas exteriores da fortificación, situada na parroquia de San Miguel de Presqueira. A Asociación Amigos da terra de Montes ven de presentar un vídeo no que se visualiza a vista de paxaro a reconstrución do xacemento e dun modelo 3D que permite a interacción virtual co enclave. En pouco más de dous minutos explícase ademais a historia desta construción perdida. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da reconstrución virtual que conta co apoio económico da Xunta de Galicia.

A fortificación de Castro de Montes debe o seu nome ao seu lugar de asentamento, un castro que foi utilizado posteriormente polos romanos como campamento. Na actualidade só quedan algunhas pedras da fortaleza que apenas permiten recoñecer a súa estrutura. Deste xeito, para a súa recuperación a nivel virtual realizouse previamente por parte da empresa Navia 3D unha recompilación e filtrado de material histórico. Para axustarse á realidade e levar a cabo unha reconstrución fiel baseada en elementos reais fixéronse traballos de xeoreferencia e fotogrametría de todo o terreo, contando con datos de alta resolución. O acceso a estes recursos facilítase coa posta en marcha dunha web e a instalación dun panel informativo ao pé dos vestixios cos datos relevantes e un código QR.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

culturagalegaTV: Viladonga

O Museo de Viladonga amosa aos seus visitantes unha reconstrución virtual deste afamado castro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Terra de Montes, Xunta de Galicia, Forcarei...