A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia xestionada pola Xunta vén de activar unha ferramenta en liña que lles permite as persoas usuarias poder calcular o valor dos servizos dos que fai uso en calquera destas instalacións, desde o emprego dos equipos informáticos ou os préstamos de material, entre outros. Este cálculo é posible xa que o valor de cada unha das prestacións que reciben as persoas usuarias na Rede de Bibliotecas, dependentes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, está baseado na técnica de asignación de prezos de mercado, determinando así o valor dos servizos comparándoos con outros análogos xa existentes polos que si se paga. Deste xeito, a Xunta pretende que a cidadanía se sensibilice do valor deste servizo público e tome consciencia do custo que terían se foran xestionados de maneira privada e tiveran que pagar por eles.
Segundo indica o goberno autonómico, un estudo realizado sobre o impacto social e económico destes equipamentos, baseado na técnica da valoración continxente (que extrae datos a partir da percepción do valor que teñen os consumidores dun ben e a súa disposición a pagar por el), asegura que as persoas usuarias xa estimaban que se o servizo o prestase unha empresa privada, custaríalles unha media de 17,89 euros ao mes. A Xunta sinala que case a metade dos galegos admitía nese estudo que todos deberían pagar unha cantidade anual para manter o servizo no caso de que non se financiase a través de impostos.
A ferramenta virtual ten en conta os servizos cuantificables susceptibles de ser traducidos en prezos, como son o préstamo de libros e outros materiais, o uso da sala de lectura, o valor do asesoramento bibliográfico por parte do persoal, a realización de actividades culturais e formativas e a utilización dos equipos informáticos. Deste xeito, facilítase unha ferramenta útil tanto para persoas usuarias, como tamén para os profesionais das bibliotecas e para as administracións titulares das bibliotecas, como pode ser no caso das de titularidade municipal.