O Consello da Xunta que o Goberno Galego celebrou este 29 de xullo aprobou o documento que establece as accións do Plan de dinamización da lectura de Galicia Lemos +. Esta proposta, pioneira no paÃs, pretende incrementar os hábitos lectores do paÃs e prevé desenvolver un cento de medidas organizadas en 24 liñas estratéxicas e 5 bloques de actuacións.
Segundo destaca a Xunta, o "obxectivo principal que se busca coas actuacións definidas é o incremento dos hábitos lectores" especialmente en lingua galega, e atendendo á diversidade social e cultural do territorio. Deste xeito, márcase como finalidade conseguir que en 2030 "o 70% da poboación lea libros por ocio no seu tempo libre polo menos unha vez ao trimestre". Ademais, quérese que un 60% de persoas que realicen esta acción como mÃnimo unha vez á semana e que "o 70% da sociedade lea libros en galego de maneira habitual ou ocasional".
Como accións destacadas neste sentido, a Xunta destacou no eido da dinamización social da lectura realizar unha campaña divulgativa periódica "para poñer en valor as razóns para ler". Ademais, anuncia a creación dunha rede de entidades locais neste sentido e promoción de actividades de dinamización lectora en ludotecas ou centros sociais. Tamén se prevé potenciar o Club de Lectura de Galicia, favorecer a creación de libros e revistas dixitais na nosa lingua e apoiar a adaptación de libros a pictogramas ou braille.
Na liña de fomentar o papel das bibliotecas como centros de dinamización cultural, darase unha maior difusión as actividades que se celebran nestes centros, ademais de actualizar o programa Ler conta moito e mellorar servizos como a furgoteca ou a plataforma dixital GaliciaLe. Tamén se incrementerán os fondos galegos dispoñibles nestes centros, promoveranse os encontros con creadoras e creadores e faranse guÃas de lectura, ademais crear espazos inclusivos e accesibles.
Do mesmo xeito, crearanse guÃas de lectura para utilizar en centros para crianzas de entre 0 a 3 anos, onde se incrementará o número de fondos en galego e se promoverán lecturas compartidas coas familias. No marco das bibliotecas universitarias as medidas prevén visibilizar o libro galego, mentres nos centros de ensinanzas especiais e de capacitación profesional quérese potenciar unha programación ao redor da lectura.
O Goberno prevé tamén medidas para consolidar a industria do libro do paÃs "e implicar a todos os seus axentes (creadores, editoras, librarÃas distribuidoras no fomento do hábito lector". Incrementar o número de traducións ao galego, difundir os premios literarios existentes no paÃs, convocar bolsas de creación e impulsar novos programas de residencias creativas aparecen como principais propostas neste campo. O programa non esquece tampouco " apoiar a presenza de editoras nas feiras profesionais e mercados internacionais e promover combinacións de literatura con música ou audiovisual".
Finalmente, a Xunta pretende darlle máis protagonismo ao Consello Asesor do Libro e prevé crear o Observatorio Galego da Lectura "como ferramenta de apoio ás polÃticas públicas". Canda a isto, "estudar os novos comportamentos en canto á lectura ou promover proxectos de investigación" no campo aparecen como outras medidas propostas.
Segundo apuntou o Executivo, "o documento leva tomando forma desde o 2018, cando se iniciaron os contactos para crear a Estratexia da Cultura Galega 2021 e se presentou unha primeira proposta para elaborar un plan deste tipo".
Segundo os datos que publicita a Xunta, "o 62,9% dos galegos le libros no seu tempo libre" por ocio polo menos unha vez ao trimestre e un 52,4% un mÃnimo dunha vez á semana. En canto á lingua, o 61,2% dos lectores maiores de 14 anos len en galego ben sexa de maneira habitual ou ocasional.