O Museo Diocesano de Mondoñedo exhibe un dos primeiros crismóns representados en Galicia

A peza na que se gravou este símbolo cristián foi atopada nunha obra pública na parte alta da cidade

26/7/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Fondo de taza con representación do posible crismón. Foto: Xunta de Galicia

Durante unha intervención arqueolóxica na zona de Os Castros, na parte alta da cidade de Mondoñedo, apareceron unha serie de materiais de época tardoantiga e entre eles o fondo dunha taza, no que aparece un grafito con sete liñas incisas radiais. O achado foi interpretado polos arqueólogos "como un crismón arcaico", asociado ao período do reino suevo entre os séculos V e VI. Significaría, segundo a Xunta de Galicia, "o achado máis antigo indicativo da presenza do cristianismo en Mondoñedo". O pasado 24 de xullo a Xunta cedeu a peza ao Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo para a súa exhibición por un periodo de cinco anos prorrogables. O crismón é unha figura representada con moita frecuencia durante os primeiros séculos do cristianismo e en soportes moi diversos.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

13/06/2024

Pedras para unha época de papel

A USC escava en Mondoñedo "unha aldea dentro da aldea" na procura dos inicios da paisaxe agraria actual en época sueva

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondoñedo, Xunta de Galicia, Suevos

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares