A sede en Compostela do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta, acollÃa este 19 de xullo a presentación da obra Documentación epigráfica do teónimo deus Lar Berobreus. Edición e comentario lingüÃstico. O volume é o primeiro da colección Tesouro paleogalaico, co que a entidade pretende recoller todos os exemplos de material lingüÃstico anterior ao latÃn existente no noso paÃs.
Este primeiro volume realiza un estudo lingüÃstico das aras dedicadas ao deus Lar Berobreus aparecidas no santuario tardorromano (s. III-VI d. C.) do monte do Facho, na parroquia canguesa de Donón, en Pontevedra. A obra contén un comentario arqueolóxico de José Suárez Otero, outro de carácter lingüÃstico de Juan Carlos Búa Carballo e un catálogo dos altares do Facho, con texto do mesmo Juan Carlos Búa en coautorÃa con Beatriz GarcÃa Turnes e Isabel Beltrán López.
O proxecto Tesouro paleogalaico organizarase en dous grandes bloques, o do material onomástico e máis o do léxico románico de orixe prelatina. Para alén de facilitar o estudo das linguas existentes durante aquel perÃodo no territorio galego, esta iniciativa facilitará tamén comprobar a súa conexión con outras linguas próximas.