O conselleiro de Cultura, José López Campos, defendeu onte "o valor e a rendibilidade" da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, poñendo en valor a "importancia de actividade destes centros de carácter público e o que suporÃa para a poboación se foran de xestión privada". Campos, xunto co director xeral de Cultura Anxo Lorenzo, explicou os datos dun informe sobre a "repercusión e percepción das prestacións das bibliotecas públicas". O informe empregou diferentes fontes de datos: desde estatÃsticas xa publicadas, enquisas de valoración dos servizos e metodoloxÃas para valorar o custe no mercado dos servizos. Os datos presentados pola Xunta sinalan que "por cada euro destinado a adquisición e mantemento de material de préstamo, como libros ou audiovisuais, a cidadanÃa recibe un retorno social de 9,63 euros. A rede de bibliotecas públicas conta con máis de 809.000 usuarios e unha oferta de máis de sete millóns de documentos. O número de prestameiros activos é de 138.581 persoas, o que supón o 5,2% da poboación galega. A consellerÃa destacou que os usuarios estimaron, nas enquisas, o custe do servizo se fora prestado por unha empresa privada, dus 17,89€ ao mes. "Ademais, a metade dos galegos cre que todos deberÃan pagar unha cantidade anual para manter o servizo no caso de que non se financiase a través de impostos", explica o informe. "O seguinte paso para a Xunta é poñer a disposición do público unha ferramenta web para que calquera poida calcular o custo que terÃan algúsn dos servizos se foran xestionados de maneira privada".