José López-Calo foi sacerdote xesuita e musicólogo. En 1986 impartiu na Aula de Cultura de Caixa Galicia en Ferrol sobre as orixes do coralismo galego, un importante movemento de popularización da música galega do que el sitúa a súa orixe nos Xogos Frorais de 1861 e que se vincula co rexurdimento e os nacionalismos do século XIX. A conferencia está recuperada dentro do proxecto CaligrafÃas musicais do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, que recupera conferencias de expertos sobre temas da cultura e da historia da música galegas.