Os novos espectáculos de danza de Sólodos (Maruxa Salas e Erick Jiménez), Kirenia MartÃnez e Daniel RodrÃguez levaranse a cabo a través de tres contratos en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego. A ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude ven de publicar a resolución da convocatoria de coproducións pola que se distribúen 54.447 euros entre as tres adxudicatarias para o desenvolvemento de cadansúa proposta escénica. Na modalidade de compañÃas consolidadas, cunha antigüidade de cinco anos, as pezas 'Mover cenizas', de Sólodos, e 'Cicatriz' (tÃtulo provisional), de Kirenia MartÃnez, presentada por Artestudio Xestión Cultural, reciben 29.970 euros e 19.855 euros respectivamente. Na categorÃa de profesionais emerxentes, con menos dun lustro de traxectoria, a proposta seleccionada foi 'Transeúnte', de Daniel RodrÃguez, con 26.646 euros para a súa posta en escena. Estas tres pezas deberán estrearse antes do 31 de marzo de 2025.
No que respecta ás producións seleccionadas, a Axencia Galega de Industrias Culturais avanza algunhas das caracterÃsticas dos espectáculos seleccionados. No caso de 'Mover cenizas', a compañÃa de Maruxa Salas e Erick Jiménez, Sólodos, presenta unha peza de rúa cunha duración de 20 minutos inspirada nos incendios que asolaron Ourense en 2006 e que deixaron unha profunda pegada na coreógrafa. A compañÃa retoma un tema xa tratado en Vacuo, primeira produción propia do Centro Coreográfico Galego estreada en xaneiro do 2007. Para este novo espectáculo, cóntase coa asistencia do coreógrafo catalán Arnau Pérez de la Fuente e a composición musical do ourensán John Axiom.
Presentada por Artestudio Xestión Cultural, Cicatriz é unha peza para sala e espazos non convencionais. O proxecto xorde da experiencia da coreógrafa Kirenia MartÃnez en Afectos, coproducida polo Centro Coreográfico Galego na convocatoria de 2022, onde explorou a intersección entre a danza e a poesÃa a través dos poemas de Antón Reixa. Esta nova peza, que será interpretada xunto co propio Reixa, destaca pola súa integración de técnicas de danza, teatro, performance, poesÃa, instalación e música, situando a danza e a poesÃa como piares fundamentais. A idea é potenciar a presenza e participación de persoas con discapacidade no equipo e promover actividades inclusivas no eido da danza. Ademais, desta peza resultará un proxecto audiovisual paralelo, que non só documentará o proceso creativo senón que afondará nas historias persoais e nos conflitos emocionais dos seus protagonistas.
Finalmente, Transeúnte leva a sinatura de Daniel RodrÃguez, unha das promesas da danza de Galicia, con varios premios pola súa primeira peza 'A raÃz de'. BailarÃn e coreógrafo, participa habitualmente nas compañÃas de Daniel Abreu e de Fran Sieira. En Transeúnte, o creador busca un diálogo interxeracional, mesturando tradición e actualidade a través do canto, a música e o baile tradicional. Para o desenvolvemento deste proxecto, que presentou en formato pitching en Galicia Escena PRO 2024, conta coa participación na música de Aida TarrÃo, das Tanxugueiras, e do percusionista Artur Puga, que colabora con Mondra, e de Sheila Pérez no deseño de vestiario.