"Abride a fiestra" é o nome do evento co que a Fundación Rosalía conmemora o pasamento da poeta, que ocorreu o 15 de xullo de 1885, e disque son as derradeiras palabras que pronunciou a escritora desde o seu leito de morte, pedindo unha posibilidade de ver o mar desde alí antes de morrer. Este vindeiro domingo, 14 de xullo celebrarase na Casa da Matanza en padrón a sexta edición deste evento que incluirá desde as 11 da mañá ata as nove da noite diversas actividades culturais, charlas, actuacións musicais, e visitas guiadas pola casa e a horta de Rosalía, onde terá lugar un xantar. Na parte musical do programa o evento conta coas actuacións de Pakolas, Caamaño & Ameixeiras, Noelia Gómez e Rui Grenha e Xurxo Fernándes. Tamén estará o contador Celso F. Sanmartín. Pola parte das presentacións literarias e as charlas o evento conta cun amplo listado de autores e persoalidades, como Pilar García Negro; Xosé Luís Axeitos; Juan Carlos Mestre; Rita Bugallo; Diego Ameixeiras entre outros. O programa completo da xornada cos horarios de todas as actividades xa está dispoñible.