A coincidir coa xornada 'A intelixencia artificial: un novo desafío para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria' que este martes, 9 de xullo, organiza o Consello da Cultura Galega, a institución presenta un documento de traballo que amosa a desigual penetración do coñecemento da IA no sector cultural. O informe "A intelixencia artificial na cultura galega: coñecemento, usos e opinións", producido polo Observatorio da Cultura Galega do CCG, pon de manifesto as importantes diferenzas entre os diversos ámbitos do sector da valoración e uso desta ferramenta tecnolóxica presente a nivel global desde finais do ano 2022. Segundo os datos máis dun 40 por cento do sector aínda non chegou a usar nunca a IA nin por curiosidade persoal.
En concreto, segundo sinala este informe, un 44,2% das persoas do sector cultural enquisadas afirmou non ter usado nunca aínda ferramentas de Intelixencia Artificial. Contra este dato, a porcentaxe das que a utilizaron algunha vez, pero máis por curiosidade que por un motivo profesional, é moi inferior e sitúase no 26,1%, cifra que se vai reducindo aínda máis ao incluír usos máis profesionais e frecuentes: un 18,5% empregouna algunha vez no ámbito profesional e un 10,1% con moita frecuencia. En resumo, un 28,6% xa utilizou cando menos algunha vez esta tecnoloxía no traballo. Porén, axustando aos dous valores de uso ou ausencia del nos sectores do audiovisual e das artes visuais é neles onde o informe sinala que hai máis profesionais empregando estas tecnoloxías, con porcentaxes do 44,3% e do 43,1% respectivamente, mentres que na administración o seu uso é moi reducido (7,8%) así como nos arquivos e bibliotecas (8,8%). Segundo o documento son os profesionais autónomos (41,2%) e as empresas (31,5%) os que máis empregan a IA e dentro destas últimas son aquelas con maiores ingresos as principais usuarias (27,8%). Porén, o coñecemento das iniciativas lexislativas da Unión Europea para a regulación do sector e a protección dos consumidores en relación á intelixencia artificial é moi elevado (un 73,3% das persoas enquisadas).
Mentres os ámbitos do audiovisual e das artes visuais (fotografía, deseño, arquitectura e publicidade) coñecen e empregan a IA de xeito moi estendido (63,9% e 61,8% respectivamente), noutros subsectores é algo inferior, como a edición de libros (47,5%) ou teatro e danza (40,5%). Son a música, o comercio de libros, os departamentos de cultura das administracións públicas ou os arquivos e bibliotecas os que menos coñecen e empregan estas ferramentas, con menos dun 25% dos profesionais enquisados que manifesten un coñecemento da IA. Os datos foron presentados pola presidenta do CCG, Rosario Álvarez, durante a inauguración da xornada que se celebra esta tarde na institución e que reúne a docentes, investigadores e técnicos para reflexionar sobre os desafíos que traen canda si estas tecnoloxías, especialmente a intelixencia artificial, e sobre o impacto que teñen na docencia de lingua, literatura e cultura galegas no ensino medio. Tamén se procura identificar as oportunidades que nos ofrecen e propoñer, de ser posible, algunhas claves para afrontar unha realidade que xa temos dentro das aulas.
Os datos deste documento de traballo proceden dunha explotación do Barómetro da cultura galega de 2024, un instrumento para a análise e o seguimento do sector cultural en Galicia no que o CCG entrevista a profesionais de máis de mil entidades vinculadas á cultura galega nas que se inclúen empresas, profesionais autónomos, administracións públicas e tecido asociativo. Entre moitas outras variables, aos entrevistados preguntábaselles polo coñecemento do concepto de intelixencia artificial, o uso de ferramentas deste tipo na entidade, tanto no presente como posibilidade a curto prazo ou o coñecemento das iniciativas lexislativas da Unión Europea para a regulación deste sector. Tamén se lles consultaba a súa opinión sobre o impacto da intelixencia artificial na cultura en diferentes ámbitos.
Usos de futuro e opinións valorativas
Unha significativa porcentaxe dos enquisados presentan altas expectativas sobre o uso futuro da IA. Un 42,9% das entidades agardan incorporar a tecnoloxía a algúns dos seus procesos e un 20,6% anticipa un futuro cun uso moi estendido. Curiosamente, a visión sobre o emprego futuro da IA é máis optimista nas administracións públicas e nos profesionais autónomos. Porén, a previsión da implantación de proxectos con IA na actualidade ou a curto prazo é moi baixa. Só un 14,9% das entidades están desenvolvendo proxectos con IA ou están xa preparándoos para a súa implementación. En xeral, os responsables das entidades pensan que vai haber máis emprego do IA no ámbito da actividade que na propia entidade, segundo se reflicte das enquisas do informe.
A opinión sobre os beneficios ou as problemáticas da IA no sector cultural preséntase moi dividida no documento. Percíbese unha "lixeira visión positiva" con respecto a que a IA será unha ferramenta "útil para o labor creativo e que o sector poderá tirar proveito da súa incorporación" (48,9%), pero unha parte importante dos responsables de entidades pensan o contrario (44,9%). A opinión máis optimista dáse nos ámbitos do audiovisual, museos e artes visuais, onde a intelixencia artificial está a ser máis usada, mentres que se perciben máis reticencias nos ámbitos nos que se usa menos, como a educación cultural, a edición, a música ou o teatro. Entre os elementos positivos, un 43,2% dos profesionais pensan que a IA pode axudar a configurar ofertas culturais personalizadas para os usuarios.
Malia que un 62% dos xestores culturais entrevistados considera que estas tecnoloxías axudarán a preservar, analizar e poñer en valor obras de arte, ata o 47,5% consideran que a IA pode tamén dar lugar a "unha produción cultural que reproduza sesgos e prexuízos, como a discriminación por xénero ou racial" e un 56,2% pensan que unha maior introdución da IA vai supoñer a perda de postos de traballo. Ademais, un 58,2% afirman que estas ferramentas non facilitarán un "acceso máis inclusivo e democrático aos contidos culturais" e un 55,2% pensan que non van axudar a xerar contidos culturais orixinais. Os profesionais son tamén pesimistas ao redor da vantaxe que a IA pode ter para a difusión e acceso a contidos en lingua galega (un 55,1%), mais cunha porcentaxe importante que pensa o contrario (36%).