Novas pinturas estenden a presenza da arte rupestre prehistórica en Valdeorras

Un novo abrigo en Casaio (Carballeda de Valdeorras) alberga imaxes de soles e unha posible figura humana

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Soliformes novos atopados. Foto: Sputnik Labrego

Soliformes novos atopados. Foto: Sputnik Labrego

A montañosa parroquia de Casaio (Carballeda de Valdeorras) vai camiño de ser converter nunha das referencias para a pintura prehistórica en Galicia. Un novo achado na zona de Colobredos comunicado polo veciño Francisco Fernández permitiu os arqueólogos de Sputnik Labrego a identificación de varias figuras a dous quilómetros da estación xa coñecida da Pala das Cabras. Esta tivera sona cando fora descuberta en febreiro de 2019 como o maior conxunto de arte esquemática prehistórica de Galicia. Na nova estación pódense distinguir tres formas de soles e unha "posible" forma humana. "Estes motivos engaden moita información ao xa coñecido na Pala das Cabras, xa que non tiñamos atopado formas humanas e a tipoloxía dos soles, moi distintos aos da Pala, poderían indicar unha cronoloxía distinta, quizais da Idade do Bronce", sinala Carlos Tejerizo, director do proxecto. En colaboración cun equipo do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC dirixido por Lucía Pereira, realizaranse os primeiros estudos, analizando a composición química das pinturas e así comparalas coas de Pala das Cabras.


Posible antropomorfo. Foto: Sputnik labrego

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valdeorras, Idade do Bronce, CSIC

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares