A coincidir coa celebración este ano do 50 aniversario do campus de Ourense, a Universidade de Vigo ven de abrir a convocatoria do Concurso de intervención artÃstica Campus Auga 2024. Por medio deste procedemento elixirase unha obra que pasará a colocarse nunha das paredes laterais exteriores do edificio do Campus Auga, o proxecto de especialización da Universidade no campus de Ourense. O premio terá unha dotación de 5.000 euros e a técnica utilizada será libre, quedando aberta a calquera tipo de manifestación artÃstica (graffiti, pintura mural, intervención escultórica, etc.). O xurado valorará os seguintes aspectos: a conexión co entorno no que se plasmará o traballo, a interacción co edificio do que formará parte e a utilización de materiais que contribúan á sustentabilidade medioambiental.
Pode participar neste certame calquera persoa maior de idade, de xeito individual ou en grupo. Cada participante presentará unha única obra orixinal que non fose galardoada en ningún outro concurso. O prazo de presentación dos traballos abrangue dende o 4 de xullo ata o 30 de setembro de 2024 ás 23.59 horas (hora peninsular española). Un xurado avaliará os traballos presentados e concederase un único premio. A VicerreitorÃa do Campus de Ourense facilitará os materiais e as estruturas necesarias para levar a cabo o traballo, segundo o que figura na memoria presentada pola persoa gañadora. O prazo de realización efectiva do traballo, requisito indispensable para recibir o premio, rematará o 30 de novembro deste ano.