Novo programa de música en directo na TVG2

'Sesión fóra do sitio' está presentado por Tonhito de Poi

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaComunicaciónLingua
Compartir:
Novo programa de música en directo na TVG2

O grupo ourensán DÔN abriu cun concerto celebrado no local de Neumáticos San Cristobal da súa cidade as emisións do novo programa musical na G2, segunda canle da TVG. 'Sesión fóra do sitio' é o nome deste novo formato que comezou a emitirse o pasado mércores ás 23:10 horas e que ofrecerá música gravada en directo con concertos en lugares peculiares. O músico Tonhito de Poi presenta este programa producido por Zinemusik e dirixido por Oscar Doviso que ofrecerá dez entregas, unha cada mércores con ese horario, con diferentes artistas. Os dez concertos, xa gravados, lévanse a cabo e espazos de Ourense, negocios locais como o devandito garaxe, un ximnasio, unha libraría ou unha galería de arte, entre outros, segundo declaracións de Doviso para as páxinas de La Voz de Galicia. Todas as bandas e artistas que pasen durante o verán por este programa teñen en común a lingua galega nas súas creacións.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Lingua galega, La Voz de Galicia, Ourense...