Un total de 25 actividades conforman o programa da Praza dos Libros de Carballo, que se desenvolverá entre os días 11 e 14 de xullo a celebrar a lectura. Un pregón de Xurxo Souto abrirá este programa, que conta con nomes como Ana Moreiras, Miriam Beizana, Rosalía Fernández Rial, Xan Fraga, Elena Gallego Abad, Olga Rodríguez, Ramón Sánchez, Raúl Herrera ou Luis G. Soto.
A estes súmase a presenza de Alfonso Xabier Canosa, Paula Cousillas, Miguel Anxo Fernán Vello, María Reimóndez, Xan Fernández Carrera, Lola Rontano, Rober Cagiao, Luís García Soto e as premios nacionais Yolanda Castaño e Paula Carballeira. Ademais, desenvolveranse concertos de Golfiños, Paco Nogueiras, Sonsoles Penadique e de Cé Orquestra Pantasma.
Como novidade nesta xeira, o programa inclúe o Espazo Facal, unha nova sección con vocación de continuidade. Dedicada a este artista carballés falecido o pasado mes de abril, acollerá unha mostra de libros, ferramentas e imaxes do creador a xeito de homenaxe. Ademais, o espazo acollerá obradoiros de conto ilustrado e de escultura e unha conversa entre Cesáreo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo Fernán Vello, grandes amigos do creador, arredor da súa figura.
Para alén de literatura, haberá agasallos gastronómicos para quen adquira libros nos postos do evento, que estarán á venda cun desconto do 10%. O día 11 serán latas de atún e o 14 un molete de pan os alimentos que acompañen as compras.
As librarías locais Brañas Verdes, Trasgo, Teldy, Clarión, Espiral Maior Foro e a debutante Espazo Lector Nobel, estarán acompañadas da compostelá A gata tola, e mais de Á lus do candil, de Arteixo, nos postos de venda.