A Universidade de Santiago aprobou en outubro a creación da Cátedra Institucional RosalÃa de Castro, froito dun convenio co Parlamento de Galicia e a ConsellerÃa de Cultura da Xunta. A cátedra estará coordinada polos profesores da facultade de FiloloxÃa MarÃa do Cebreiro Rábade e Fernando Cabo e terá como obxectivo "o estudo académico e crÃtico da obra e da figura da escritora nas súas múltiples dimensións, buscando reforzar a súa proxección e coñecemento tanto no ámbito galego e peninsular como internacional". Para a USC, a cátedra procurará a promoción de "achegas sobre a autora desde perspectivas e paradigmas renovadores, sen esquecer aspectos máis tradicionalmente filolóxicos". A inauguración formal será o vindeiro 5 de xullo no Colexio de Fonseca, onde a profesora Catherine Davies ofrecerá a lección inaugural da cátedra, titulada "RosalÃa de Castro e Cuba". Davies recibirá tamén a insignia de ouro da USC.