A descuberta de cÃrculos lÃticos en Galicia foi sen dúbida unha das principais revolucións da arqueoloxÃa dos últimos ano noso paÃs. Desde a aparición da Roda de Barreiros en 2006 multiplicáronse os exemplos destas construcións megalÃticas que se sumaron ao noso patrimonio. Agora, o Consello da Cultura Galega dedÃcalle a estes elementos o vindeiro dos seus Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural, que se celebra o 4 de xullo na sede da institución en Santiago de Compostela.
A xornada As rodas do Bronce Final en Galicia: entre os mortos e para os vivos pretende pór en común os coñecementos obtidos nas oito escavacións destes monumentos que se realizaron ata o momento, a contar coas persoas que dirixiron estes traballos. Segundo adianta a presentación da iniciativa "actualmente, a pesar de que hai aÃnda controversias relacionadas coa interpretación da función e o contexto destes sitios arqueolóxicos, xa podemos abordar a súa cronoloxÃa, os materiais e as estruturas que albergan". Na actualidade, o número de xacementos deste tipo cartografados en Galicia supera os cincuenta, o que, segundo apunta o Consello da Cultura permite "empezar a apreciar patróns de poboamento na rexión".
No encontro, Juan Carlos López GarcÃa falará sobre a Roda de Barreiros, Diego Piay Augusto explicará a de Ventosiños (Coeses, Lugo), Santiago Nogueira RÃos e Pilar Prieto MartÃnez compartirán a súa experiencia coa de Lavandeiras (Xove), Julián Bustelo AbuÃn dará a coñecer os seus estudos sobre a de Campo Redondo (Rianxo) e Elena Taboada Durán tratará a roda de Outeiro Grande (LalÃn). Canda a estes casos, Eduardo Breogán Nieto Muñiz, explicará o da roda do Castrullos (Parada de Sil), Rodrigo Paulos Bravo e Xurxo Ayán debaterán se o CÃrculo de Vilarello (Pobra de Brollón) é unha fortificación do Bronce Final ou algo máis, e Pilar Prieto MartÃnez, Luis Cordeiro Maañón e Francisco Alonso Toucido abordarán O Corro dos Mouros (Adai, Lugo).
A estes estudos de caso súmase a análise sobre a distribución territorial destes monumentos, que realizarán Luis Cordeiro Maañón e Pilar Prieto MartÃnez. Pablo López Fernández e M.ª Guadalupe Castro González, pola súa banda, explicarán as posibilidades da teledetección para localizar túmulos e este tipo de construcións. A completar o programa, o investigador francés Antoine Dumas falará sobre "Fórmulas funerarias no suroeste de Francia entre o Bronce Final e a Idade do Ferro I", Manuel Gago tratará a relación dos medios de comunicación galegos con estes monumentos e Roberto Pena Puentes fechará as intervencións a abordar a relación da administración galega coas rodas.