Poñer en valor o legado do escritor e Premio Nobel Camilo José Cela (Padrón, 1916-Madrid, 2002) é o obxectivo do proxecto ' Esas nubes que pasan', que onte deu os seus primeiros pasos de preparación. A Xunta de Galicia, que ten asumida a custodia e protección do legado, impulsa a través da Dirección Xeral de Cultura esta iniciativa concibida como proxecto artÃstico con perspectivas diversas. Contando co comisariado da xestora cultural, Paula Cabaleiro, tomarán parte no proxecto a empresa cooperativa dedicada ao muralismo Cestola na Cachola, o artista visual e escultor Román Corbato e a gañadora do Premio Nacional de PoesÃa en 2023 Yolanda Castaño, para elaborar, entre todos, unha sinerxÃa entre as diferentes facetas da cultura nas que cada persoa é experta.
A execución da actuación artÃstica está prevista para a segunda quincena do mes de setembro. A intervención finalizará coa execución dun mural ao carón do museo de Iria Flavia. Ao remate do proxecto está previsto un acto de presentación ao público e unha xornada de encontro cos centros escolares locais, onde os artistas contarán á rapazada de Padrón como foi o proceso de creación, as técnicas utilizadas e a simboloxÃa da obra. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu onte ao primeiro encontro preparatorio do proxecto no que todos os implicados percorreron o museo e as coleccións da Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, para inspirarse na obra do escritor.