A Xunta ven de presentar unha nova quenda, a terceira, das axudas para as rodaxes audiovisuais en Galicia, unha ferramenta de captación de producións que supoñen un beneficio para o paÃs en base ao gasto estimado e a mobilización de servizos locais e profesionais do paÃs. RepÃtese o orzamento de dous millóns a repartir en dúas metades con carácter plurianual, para os anos 2024 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Feder Galicia 2021-2027. O pasado venres a Axencia Galega de Industrias Culturais convocou ao sector a unha xuntanza para darlles a coñecer esta nova convocatoria que hoxe sae publicada no Diario Oficial de Galicia. A finalidade desta convocatoria é estimular e impulsar a execución de rodaxes audiovisuais en Galicia para, por unha banda, fomentar a cadea de valor da industria do sector audiovisual galego, co obxectivo de mellorar a súa competitividade, o crecemento sustentable e o mantemento do emprego de calidade das empresas e, por outra, situar a Galicia como escenario de rodaxes audiovisuais de nivel internacional.
Segundo a convocatoria garantirase un gasto mÃnimo en Galicia por cada proxecto subvencionado de entre 1.000.000 de euros no caso das produtoras galegas e 1.500.000 euros no das foráneas. A apertura do fondo de rodaxes a calquera produtora independente do espazo económico europeo é precisamente unha das principais novidades da convocatoria de 2024, que establece porén unha especial protección do audiovisual galego, para o que se establecen condicións máis vantaxosas. Outras das modificacións teñen que ver coa automatización e a conseguinte axilización da súa concesión, que pasa a xestionarse en réxime de concorrencia non competitiva, asà como coa ampliación do perÃodo mÃnimo de filmación en Galicia de dúas a catro semanas ou a esixencia de que cando menos un 40% do orzamento subvencionable sexa destinado a gastos de persoal.
Estas axudas a rodaxes botaron a andar ao abeiro do Hub Audiovisual Industria Cultural, que acaba de pechar e facer balance do seu conxunto de medidas, a través das que a Xunta canalizou 9,6 millóns de euros cara ás industrias creativas galegas no trienio 2021-2023. O seu retorno económico cÃfrase en 32,3 millóns de euros, dos que 22,1 millóns foron xerados a partir dos 2,78 millóns adxudicados nas dúas convocatorias anteriores para atraer filmacións a Galicia.