
A iniciativa inspírase nas referencias ao noso país contidas na Canción de Amergin, poema fundacional da literatura irlandesa para procurar os puntos de encontro entre as dúas culturas. Un concerto de Distrito 10 no Pub Delirium abre as actividades ás 21 horas do día 27.
O programa continúa o venres 28 cunha serie de conferencias a partir das 18 horas no local da AC Alexandre Bóveda. Ángel Cerviño e Ana Santorum, a falar do traballo coa arte na Torre da Hércules inician as intervencións, que continuarán coas reflexións de Antonio Sandoval encol da presenza das aves e de paisaxes naturais nas literaturas galegas e irlandesa.
Finalmente, David Clark e Miguel Giráldez tratarán o traballo do poeta Paddy Bush e a súa conexión co territorio e a defensa ambiental. As actividades complétanse cun roteiro e unha festa da música e da poesía previstas para sábado 6 de xullo na praia do Areal.