O Campus de Vigo premiado polos Colexios de Arquitectos de España

Recibe o Premio Permanencia que acredita a súa vixencia e bo resultado co paso do tempo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArquitecturaSociedade
Compartir:
Campus de Vigo.     Foto: DUVI

Campus de Vigo. Foto: DUVI

O complexo do Campus Universitario de Vigo recolleu onte un galardón na gala dos Premios ARQUITECTURA organizados polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) no Teatro Reina Victoria de Madrid. O campus, que foi proxectado fai 20 anos polo estudio Benedetta Taliabue – EMBT Architects foi o elixido para recibir unha das tres distincións especiais que se concederon nestes galardóns que recoñecen aqueles proxectos que mellor contribúen ao ben común. O complexo vigués recibiu en concreto o Premio Permanencia que acredita o seu positivo envellecemento, segundo a xustificación comunicada o Campus "soubo permanecer no tempo como unha paisaxe construída que transformou o lugar. Unha intervención complexa, valente, innovadora, onde o alumnado segue a gozar de este carácter comunitario da vida universitaria".

A actuación desenvolvida no campus vigués por Miralles e Tagliabue EMBT, que arrancou no ano 1999 coa presentación do proxecto de urbanización e finalizou en 2003, inclúe o edificio e a praza Miralles, o centro comercial, o edificio da piscina, así como as pasarelas que os conectan, e o edificio Ernestina Otero. A argumentación dos expertos sinala ademais que "estas novas construcións que se levantaron no ano 2003 axudaron á definición da natureza comunitaria da vida na universidade, mellorando a calidade de vida dos universitarios ata os nosos días. A estrutura de formigón visto no exterior, combinando a súa textura e cor coas madeiras da fachada configuran ademais ese aire atemporal do ben concibido e executado" segundo argumentan.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Paisaxe, Arquitectura, Teatro...