O Concello de Allariz acollerá os vindeiros 5 e 6 de xullo a terceira edición do seu festival literario. O FLAZ, coordinado en colaboración coa libraría Aira das Letras, centra a súa atención nesta xeira na diferenza entre escribir e publicar. Para isto, alén de autoras e autores como con Antón Riveiro Coello, Carlos Meixide, Marta Orriols e Berta Dávila, conta entre as persoas convidadas con axentes literarios como Marina Penalva e Bernat Fiol.
Segundo a presentación do programa, o Festival Literario de Allariz continúa co obxectivo de "consolidar un espazo de encontro entre a comunidade lectora e todas aquelas persoas que forman parte da cadea de valor do libro".
A iniciativa comezará o día 5 cunha conversa sobre 'Memoria e historia na novela' entre Antón Riveiro Coello e Carlos Meixide. 'Todo o que quixo saber sobre os axentes literarios e nunca se atreveu a preguntar' é o título do diálogo que reúne o día 6 a Marina Penalva e Bernat Fiol e que quere dar a coñecer esta figura, cada vez máis importante no sector literario, ao público xeral.
O día 7 será a quenda do encontro entre Marta Orriols e Berta Dávila baixo o título 'A vida cotiá como materia prima na literatura actual'. Ás 19:30 da tarde, unha mesa redonda reunirá todas as persoas convidadas para tratar a cuestión 'Escribir e publicar non son a mesma cousa'. O programa complétase con sesións de sinaturas e visitas ao patrimonio da zona.