Cartografían a cloaca romana que discorre por debaixo da catedral de Lugo

Presentáronse os resultados das intervencións no claustro

18/6/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Trazado urbano de Lucus Augusti coa localización das cloacas. Fonte: Enrique González / Servizo Municipal de Arqueoloxía de Lugo

Baixo o adro da catedral de Lugo discorre unha das cloacas do Lugo romano, cun tramo aínda en bo estado de conservación de máis de cen metros de longo. Esta é un dos achados presentados polo equipo de arqueólogos, restauradores e arquitectos que traballaron no adro da catedral de Lugo nos últimos anos e que presentaron nas xornadas da Semana da Administración Aberta organizadas pola Xunta de Galicia na cidade. a investigación permitiu determinar que a catro metros e medio de profundidade, descendendo por unha arqueta, discorre unha cloaca que chega cando menos ata a praza de santa Ana, onde o túnel se derrubou. As últimas investigacións apuntan a que as cloacas de Lugo son de construción bastante tardía, a mediados do século IV a.C., e parecían discorrer por debaixo dos decumani, as vías principais da cidade. As escavacións tamén puideron determinar a cronoloxía da necrópole que se sabía existía nese lugar, onde as tumbas máis antigas se remontan aos séculos IX ou X. Os traballos permitiron tamén descubrir unha porta románica que fora tapiada e que foi musealizada.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Catedral, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares