A inauguración do Pavillón temporal ¡Qué faena(r)! na Porta do Sol de Vigo abriu este 13 de xuño o programa do TAC!, Festival de Arquitectura Urbana. A Cidade OlÃvica comparte coa localidade gaditana de San Fernando as actividades deste programa que coordina o Ministerio de Transportes en colaboración coa Fundación Arquia ata o vindeiro 14 de xullo.
O pavillón, deseñado polos madrileños Óscar Cruz GarcÃa y Pablo Paradinas Sastre e seleccionado mediante concurso, será o eixe das actividades deste evento. A instalación, inspirada nas bateas, trasladarase despois do festival á Praia do Concho, onde se empregará como plataforma recreativa. A estrutura propón "un encontro entre natureza e artificio, tradición e mediación a través da estrutura da batea á que se suma unha cuberta que alude ao sistema de pesca tradicional como reclamo e abrigo de actividades".
Unha exposición sobre o propio concurso de selección de pavillóns será a primeira proposta do programa que se desenvolverá nestas instalacións. Canda a isto, ao longo do festival celebraranse no local unha multitude de concertos a cargo de grupos de música tradicional, corais, bandas de música ou grupos locais.
No programa do festival está tamén a inauguración dun audiovisual sobre a arquitectura da cidade, que se estreará ás 17:30 horas da tarde do 14 de xuño, ou mesas redondas sobre rodaxes cinematográficas na Cidade OlÃvica (dÃa 19) e sobre emigración (4 de xullo). Obradoiros de muralismo, arquitectura e decoración de Nadal, danza para persoas maiores ou formación sobre podcast fan tamén parte das propostas do evento, que se desenvolve coa colaboración do Concello de Vigo.
O TAC! Preséntase como "un programa de actividades públicas de entrada gratuÃta para todos os públicos no marco dunha iniciativa que, coa implicación de artesáns e industrias sostibles da propia localidade, demostra a capacidade da arquitectura para conectar territorios, persoas e prácticas a través dunha proposta que reivindica os oficios e a tradición local dun xeito contemporáneo".