O Espazo Normal, na Coruña, acolle entre este 31 de maio e o 1 de xuño a III Xornada a Memoria Diversa. O sexilio, é dicir a expulsión das persoas dos seus lugares de orixe por mor da discriminación pola súa orientación sexual, marca o eixe da actividade que organiza a Área de Igualdade da Deputación da Coruña.
A deputada delegada en lingua, igualdade e dereitos civís da Deputación da Coruña, Soledad Agra Tuñas e a vicerreitora de igualdade e diversidade da Universidade da Coruña, Cristina López Villar, canda ao comisario dos encontros, Marcos López, abrirán as sesións as 17 horas do venres 31.
Ailén Kendelman, actriz e cofundadora da compañía teatral A Panadaría e mais a directora escénica e investigadora Gena Baamonde abren as intervencións ás 17:30 horas a falar do caso de Elisa e Marcela, primeiro matrimonio de mulleres do Estado, mentres Antón Lopo e Éric do Pazo abordarán o sexilio de Eduardo Blanco Amor nunha palestra que estará acompañada da proxección do filme Eduardita de Piratas sen Parche.
Na mañá do 1 de xuño o antropólogo catalán Ignacio Elpidio Domínguez Ruiz, afondará sobre o concepto de sexilio desde a perspectiva da metronormatividade canda á investigadora Daniela Ferrández, que se centrará no exilio de mulleres trans e lésbicas do primeiro terzo do século XX, personalizado no caso de Teresita. A seguir, o refuxiado político ruso e activista LGBT Roman Efrenov, tratará a actualidade deste fenómeno a abordar a situación actual do colectivo en Rusia e a súa experiencia persoal como refuxiado no noso país.
Fefa Vila, socióloga e escritora, abordará a súa propia experiencia como persoa, investigadora e militante queer na intervención Inadaptacións: desvíos, extravíos, fugas e reencontros. Autobiografía dunha paxara. A sesión conta tamén coa presenza do xornalista e escritor madrileño Bob Pop, que reflexionará sobre a experiencia do sexilio do rural cara ás cidades das persoas disidentes sexuais nos anos 70 e 80 do século pasado.
Finalmente, Ares Piñeiro, activista trans de Euskadi tratará a ausencia de relatos memorialísticos dos homes trans no estado español, así coma da súa propia vivencia persoal, mentres o escritore e divulgadore Nee Barros falará da presenza (e ausencia) de relatos trans na literatura galega. A música tradicional revisitada con perspectiva queer de Marcelo Dobode e Víctor Movilla será a encargada de poñer punto e final ao encontro.