O Xacobeo 2004 está á volta da esquina e todo ha de estar listo para acoller aos peregrinos e visitantes que se acheguen ata Galicia. E mentres Pérez Varela asegura que o vindeiro ano santo debe significar un salto cualitativo e cuantitativo no turismo galego, estanse a preparar os vídeos promocionais. Será Xosé Manuel Budiño o compositor escollido para poñerlle música aos anuncios do Xacobeo, que se difundirán en máis de cen canles de todo o mundo. O vídeo-clip será unha coproducción deTelevisión Española e o Xacobeo e dirixirao Ángel Peláez. O músico está de actualidade, ademais, porque acaba de presentar o seu novo disco: "Zume da terra", no que desenvolve el só as tarefasde produccíon, composición e gravación.
Máis información en
La Opinión